Friday 17 de May de 2024

Quedan prazas libres para participar no obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio Municipal de Riveira


O Esta semana deu comezo no Conservatorio Municipal de Riveira o obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio.

O obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no Conservatorio Profesional de Música de Riveira no curso 2017/2018.

Trátase dun curso de carácter gratuíto. Durante catro semanas, traballaranse os contidos que van integrar a proba de acceso ó 1º curso do Grao Elemental (proba de carácter obrigatorio, e que terá lugar a finais do mes de xuño).

Ademais disto, os nenos e nenas terán o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio. Profesores e alumnos ensinaranlle aos rapaces os distintos instrumentos.

Este primeiro contacto pretende axudalos á elección da especialidade que nun futuro inmediato queiran estudar.

Hai prazas dispoñibles polo que aínda está aberto o prazo de inscrición. Aqueles interesados poden acercarse polas oficinas do centro ou chamar para solicitar información (981 873 204).